SAN LOURENZO DE ABELENDO
-A Limia -
Descubrir
San Lourenzo de Abelendo é unha parroquia do concello ourensán de Porqueira na comarca da Limia. Atópase situado a 650 metros de altura sobre o nivel do mar, na parte máis ao suroeste da comarca da Limia. A parroquia esta atravesada polo río Limia e polo seu afluente regueiro dos Vales. A súa máxima elevación son os Picoutos, con 940 metros de altura, na marxa co concello de Calvos de Randín.
A primeira mención escrita é a San Lorenço de Porquera nas Noticias históricas de la Santa Iglesia Catedral de Ourense de Juan Muñoz de la Cueva (1772), onde se indica que Pedro Seguín, bispo da diocese de Ourense entre 1157 e 1169, era orixinario de Paradela de Abelenda, anexo da freguesía de San Lorenço de Porquera. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xuridición de Rairiz de Veiga, e tamén formou couto in-solidum coas parroquias de Güín, Golpellas, Barxeles, Souto e Couso, con xuíz, escribán e ministros que formaban audiencia en Couso de Salas.
Os primeiros datos son do ano 1570, cando tiña cincuenta familias (sobre 250 habitantes). En 1683 tiña 70 familias. En 1777 Pedro Gonzaléz de Ulloa anotou que a parroquia tiña cen familias, vasalos do seu señor o Conde de Monterrei.








